
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "VOCES ESQUECIDAS. AS MULLERES DO HOSPITAL DE CONXO"
Hoxe inauguramos ás 11:00 horas unha nova exposición con motivo do Día da Muller. Baixo o título "Voces esquecidas. As Mulleres do Hospital de Conxo" amosamos más de 60 pezas entre documentos textuais, fotografías e obxectos, todos eles pertencentes ao fondo do propio Hospital, co que pretendemos dar voz a estas mulleres dobremente estigmatizadas na súa condición de louca e de muller. Para todas as persoas interesadas lembrar que está aberta ata o mes de setembro e que organizamos visitas guiadas todos os venres ás 10:00 horas previa reserva no seguinte enderezo arquivogalicia.cultura@xunta.gal