Mulleres sobranceiras María Moreira.

Mulleres sobranceiras María Moreira.

Mulleres sobranceiras María Moreira.

A serie de mostras Mulleres sobranceiras, na que cada ano queremos visibilizar as contribucións de mulleres pertencentes a diversos sectores profesionais, nesta ocasión está dedicada a María Moreira, deseñadora que ocupou un papel relevante no despegue do sector téxtil galego na década dos anos 80. Tamén difundimos con ela a doazón do seu arquivo ao Arquivo de Galicia, o que permitirá aos investigadores e a cidadanía achegarse ao proceso de creación dun sector convertido en marca de identidade para Galicia.
A mostra consta de seis vitrinas con documentos que informan sobre aspectos da súa vida e a súa traxectoria profesional, sobre proceso de creación e os desfiles nos que participou, especialmente a pasarela Cibeles. En total foron seleccionadas 55 pezas (fundamentalmente fotografías, bocexos, ou correspondencia).
A mostra permanecerá no espazo central da Biblioteca e Arquivo de Galicia entre os días 8 de marzo e 17 de abril.