01 Out 2012
Estas recomendacións pretenden orientar a calquera arquiveiro, bibliotecario ou responsable da preparación dunha exposición de bens do patrimonio documental e bibliográfico nas medidas a tomar para minimizar os riscos asociados á súa manipulación e exhibición en lugares e condicións diferentes das habituais. Baseánse na consulta de normas, recomendacións e bibliografía na materia, de España e doutros países do mundo.
Accesibles dende a páxina web do Arquivo de Galicia, na sección de SERVIZOS. RECURSOS ARQUIVÍSTICOS.