03 Xuñ 2014
Con esta mostra de documentos custodiados no Arquivo de Galicia queremos chamar a atención do público en xeral sobre a importancia dos arquivos e dar a coñecer cales son as funcións que teñen encomendadas en relación coa conservación, acrecentamento e difusión do patrimonio documental de Galicia. A mostra presenta diversos tipos de documentos, tanto de procedencia pública como privada, organizados en torno a varios bloques temáticos indicativos da evolución das institucións, as infraestruturas e a ordenación do territorio, a educación, a cultura, o deporte, a sanidade e a economía. A xornada de portas abertas que se desenvolverá ese día ofrece ademais a posibilidade de concertar visitas guiadas ás súas instalacións. Desenvolveranse en horario de mañá (de 8:30 a 14:30 h.), previa comunicación ao Arquivo de Galicia. Os datos para o contacto son: Teléfono: 881999661 Fax: 881999740 Correo electrónico: arquivogalicia.cultura@xunta.es