
SEMANA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS
Con motivo da celebración da Semana Internacional dos Arquivos do 5 ao 9 de xuño, o Arquivo de Galicia ten programadas entre as súas actividades a inauguración da exposición "De comerciantes a banqueiros. Orixes da banca en Galicia". Con ela pretendemos achegarnos ao fenómeno da actividade bancaria en Galicia nunha época de profundas transformacións políticas, económicas e sociais, entre as que destaca o inicio do movemento emigratorio a grande escala a mediados do século XIX. O acto terá lugar o venres día 9 ás 11:00 horas.
Ademais celebraremos unhas xornadas de portas abertas entre o 5 e o 9 de xuño que inclúen a visita ás instalacións do arquivo e á exposición. En horario de 9 a 14 horas, terá unha duración aproximada de unha hora e require inscrición previa a través do correo electrónico do arquivo arquivogalicia.cultura@xunta.es