As tradicionais roldas de Gondomar

Germán Lago

As tradicionais roldas de Gondomar

As roldas musicais de Gondomar son un símbolo do concello como o amosa o feito de que só en dúas ocasións, na Guerra Civil e no 2021 por mor do Covid, non se celebrou o seu tradicional desfile nas festas de nadal.
Iniciados os trámites para a súa declaración como Festa de Interese Turístico, hoxe presentamos unha foto entorno ao ano 1908 onde aparece Germán Lago, nacido en Vigo mais fillo adoptivo do Val Miñor, dirixindo a rolda e orfeón La Lira de Gondomar. Este músico, que faría carreira posterior en Madrid, é considerado por críticos, músicos e compositores unha das personalidades máis relevantes no campo dos instrumentos chamados “españois”.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo Germán Lago. GPL 19/3.