Esta xornada estará a cargo de Ana María López Cuadrado, funcionaria do Corpo Facultativo de Arquiveiros e Bibliotecarios do Estado dende 2007. Traballa no Centro de Información Documental de Archivos como responsable da Área de Normalización, coordina o Censo Guía de Archivos de España e Iberoamérica e os traballos de normalización de autoridades arquivísticas dentro da Plataforma PARES. No ámbito europeo forma parte do equipo de Goberno do Portal Europeo de Arquivos dende maio de 2017, é Country Manager do APE en España, e coordina o Grupo de Traballo de Estándares do propio proxecto APE.   Programa: 9.30 Benvida, presentación e explicación da Xornada 10.00-11.30 Que é a normalización arquivística? Estado da cuestión, estándares nacionais e internacionais, que beneficios proporciona a normalización aos nosos arquivos?, porque a descrición debe estar ao servizo da difusión? 11.30-12.00 Descanso 12.00-13.00 Entidades e as súas relacións: da teoría á práctica Entender o sentido da CNEDA, o Record in Context, Web semántica e Datos Abertos Enlazados. Que é o enriquecemento de rexistros? 13.00-14.00 A descrición normalizada. Como se establece unha descrición normalizada? Que significa traballar por proxectos e que beneficios ten no mundo arquivístico? Diferencia entre procesos e proxectos de descrición. Que é unha guía de descrición normalizada? 16.00-17.00 A descrición de entidades arquivísticas: Casos prácticos 16.00-18.00 Sistemas de institucións culturais nacionais e internacionais que están a traballar nesa liña. 17.00-19.00 A interoperabilidade dos arquivos españois con outros sistemas arquivísticos europeos e internacionais (Portal Europeo de Archivos, Europeana) ademais doutras institucións culturais.