A guerra da sardiña

xávega

A guerra da sardiña

Autoría
Sen datos
Desde 1750 a burguesía catalá instálase en Galicia para abastecer o mercado de Levante con sardiña salgada das rías. Con eles trouxeron novas técnicas de pesca, como a “xábega”, un arte de pesca da familia do bou catalán, que pronto competirá coa arte tradicional de enmalle empregada polos pescadores locais, o “xeito”. A “xábega” permitía un maior rendemento pero a cambio de provocar graves estragos nos fondos das rías, o que vai dar lugar a un conflito entre os “conservacionistas”, partidarios das artes locais, e os “produtivistas” que primaban o rendemento económico. A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, sempre preocupada polo desenvolvemento económico de Galicia, redactou varios informes sobre o tema que conclúen cun decidido apoio ás artes locais.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Fondo da RSEAPS, GP451/12.2.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
20-01-2022