VISITA DRAMATIZADA AO ANTIGO CUARTEL DE SAN FRANCISCO

Visita dramatizada

VISITA DRAMATIZADA AO ANTIGO CUARTEL DE SAN FRANCISCO

O 7 de xuño tivo lugar a visita dramatizada ao antigo Cuartel de San Francisco que se inscribe nas actividades organizadas esta semana polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense para celebrar o Día Internacional dos Arquivos (9 de xuño).
A visita consistiu nunha viaxe no tempo para lembrar os espazos que foron dependencias do cuartel de Infantería instalado no edificio de San Francisco entre 1843 e 1987. Foi guiada por tres personaxes do século XX: o cabo encargado da limpeza do cuartel e dona Manuela e Begoña, que viñan visitar ao capitán do cuartel.