Sobre o Arquivo

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense é un centro de titularidade estatal e xestión transferida desde 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia.

Depende organicamente  do Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Ourense e funcionalmente da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Nos cinco quilómetros lineais de andeis dos seus depósitos custodia 221 fondos, dos que 153 son de orixe privada.

O Arquivo abre 12 horas diarias e presta servizo a persoas usuarias que acoden ou se dirixen a el por motivos administrativos, de investigación histórica ou culturais, no máis amplo senso da palabra.

Ten a súa sede nun relevante edificio histórico que foi convento franciscano entre os séculos XIV e XIX e cuartel de Infantería entre as décadas de 1840 e 1980.

Horarios

Inverno
Luns a venres: 8:30 a 20:30 h

Verán (15 de xuño a 15 de setembro)
Luns a venres: 8:30 a 19:30 h.

Pechado ao público:
Martes de Entroido (variable, festivo local)
17 de maio (Día das Letras Galegas)
25 de xullo (Día de Galicia)
11 de novembro (San Martiño, festivo local)

Contacto

988 788 228
arq.prov.ourense@xunta.gal

Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Rúa Emilia Pardo Bazán s/n
32004 – Ourense
 

Estás ao tanto de...

Exposicións virtuais

14 Dec 2023 - 29 Feb 2024
CENTENARIO DE OLGA GALLEGO (1923-2023)
01 Xuñ 2015
A traza galega dun ilustrado universal
02 Feb 2015 - 02 Mar 2015
O legado de Asís
FRONDA Nº 34: Os arquivos municipais (III) na Idade Moderna: os libros de acordos en época moderna
Fronda nº28
FRONDA nº 41. Os arquivos das institucións benéfico-asistenciais (I)
FRONDA nº 35. 75 anos do inicio da Guerra Civil: o arquivo das JAP de Ourense
FRONDA nº 36. Historia das mulleres (I): A morte de Bárbara de Carranza en 1570

Actualidade

Novas

Ver todo
11 Dec 2025
A cargo de José Mª Eguileta Franco, (arqueólogo municipal do Concello de Ourense) e Manuel García…
05 Dec 2025
Conferencia a cargo de Mª Victoria Carballo-Calero, catedrática de Historia da Arte da Universidade…
26 Set 2025
A exposición 𝘊𝘢𝘴𝘵𝘦𝘭𝘢𝘰: 75º 𝘤𝘢𝘣𝘰𝘥𝘢𝘯𝘰 (1950-2025) prorrógase ata o 17 de outubro. Con esta…
25 Ago 2025
O Arquivo Histórico Provincial de Ourense ofrece unha experiencia única a través do Concilia de…
10 Xuñ 2025
Castelao é o persoeiro máis destacado da cultura galega do século XX. Debuxante, caricaturista,…
04 Out 2024
Un ano máis o Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPOu) oferta actividades didácticas de…
05 Ago 2024
Co fin de facilitar a conciliación das familias ourensás, o Arquivo Histórico Provincial de Ourense…
31 Mai 2024
O día 9 de xuño celébrase o Día Internacional dos Arquivos. Ao longo da semana previa o Arquivo…

Difusión

Publicacións

100 números de Fronda
Autoría
Pablo Sanchez Ferro, Pablo (coordinador); Francisco Sandoval Verea (coordinador); Afonso Vázquez-Monxardín et al. (autores)