O BESTIARIO MEDIEVAL EN FEMININO

Bestiario en feminino
08 Mar 2024
08 Mar 2024

O BESTIARIO MEDIEVAL EN FEMININO

Con motivo do Día Internacional da Muller o Arquivo Histórico Provincial de Ourense organiza o 8 de marzo ás 17:00 a visita guiada titulada "O bestiario medieval en feminino" consistente nun achegamento ás imaxes femininas representadas na escultura monumental.

A actividade comezará cunha introdución sobre o concepto que a sociedade da Idade Media posuía do xénero feminino, moi mediatizado pola moral cristiá. A continuación realizarase unha visita comentada ao claustro de San Francisco para observar como ese concepto se plasmou neste espazo.