22 Xan 2021
22 Xan 2021

Aquí vos deixamos as solucións á primeira actividade de investigación e un pequeno apuntamento sobre o labor de transcribir. Seguimos tamén na nosa pescuda coa segunda actividade deste obradoiro: o encrucillado. 

 

A transcrición debe aspirar a ser reflexo fiel do texto orixinal e da lingua na que foi escrito. Para conseguir isto é preciso seguir unhas normas, tales como:  

  • Respectar a ortografía orixinal
  • Usar maiúsculas e minúsculas segundo a normativa actual
  • Transcribir como simples as letras dobres en principio de palabra
  • Desenvolver as abreviaturas
  • Separar as palabras unidas indebidamente ou unir as letras ou sílabas dunha palabra que aparezan separadas
  • Procurar un sistema de puntuación actual  

 

E sigamos na nosa pescuda coa segunda actividade deste obradoiro: o encrucillado. Para resolvelo cómpre respectar a escritura da proba documental, ao xeito do século XVIII.  

 

O vindeiro venres 29 de xaneiro publicaremos as solucións xunto cunha breve contextualización histórica sobre as enfermidades que padeceu a poboación galega naquela época.    

 

Agardamos as vosas respostas. Podedes facérnolas chegar a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo (@arquivodoreinodegalicia).