09 Abr 2026
09 Abr 2027
O mes pasado subimos a Galiciana 198 fotografías de Antonio Pérez.
Descoñécense os datos biográficos deste fotógrafo coruñés e sabemos que nalgunhas fotografías firma como PÉREZ AFDO.
Esta colección fotográfica ingresou por compra no ano 2002 á Casa Encuadernaciones Ex-Libris, S. L., xunto con outro conxunto de fotografías estereoscópicas e autocromos.
Predominan as imaxes de persoas, individualmente ou en grupo.
Entre os retratos parecen dominar as imaxes de obreiros e artesáns representados de plano medio sen fondo, pero tamén hai outras do propio fotógrafo e a súa familia.