18 Mai 2026
18 Xan 2030

O 17 de maio de 2026 celébrase o día das Letras Galegas, este ano adicado a Begoña Caamaño. A súa novela Morgana en Esmelle, conseguiu un gran recoñecemento por parte da crítica. Este relato, baseado na Materia de Bretaña, está relacionado coa obra de Cunqueiro, Merlín e Familia, ambientada nos montes de Esmelle, na imaxinaria Terra de Miranda en terras lucenses de Mondoñedo. Dende o Arquivo, traemos un anaco dunha entrevista feita por Michael Thomas Queyja a Álvaro Cunqueiro na súa residencia de Vigo no ano 1976. Atópase no fondo de Ricardo Palmás, coa signatura 26943/6.

Ligazón a Youtube: https://youtube.com/shorts/OCf8jRTU8ho