02 Out 2025
31 Xan 2026
Entre as actividades que estamos a preparar para celebrar os nosos primeiros 250 anos de existencia, atópase a celebración dun curso en colaboración coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) os días 28 e 29 deste mes. Recoñecidos historiadores, arquivistas, bibliotecarios e outros profesionais ligados ás institucións da memoria falarán dos arquivos, pero non só desde a perspectiva, ben coñecida, da investigación académica.
Esta actividade realizarase no propio centro e para asistir é necesario matricularse e pagar a tarifa que establece a UIMP.
Achegamos o programa e a información necesaria para poder inscribirse no curso.