03 Xuñ 2026
12 Xuñ 2026
Con motivo da Semana Internacional dos Arquivos 2026, presentamos as actividades que temos preparadas para celebrala.
O martes 9 de xuño temos unha xornada de portas abertas. Os horarios son ás 12:30 e pola tarde ás 18:30 horas.
O xoves 11 de xuño contaremos coa conferencia da doutora de Historia da Arte e profesora Mónica Rey Cabezudo "Vestir a modernidade: moda, ocio e fotografía na Coruña de entre séculos (1880-1920)", a partir das 19:00 horas con entrada libre.