01 Dec 2021
01 Mar 2022

Cumpríronse recentemente 10 anos da Declaración Universal dos Arquivos (DUA), adoptada na 36ª sesión da Conferencia Xeral da UNESCO o 10 de novembro de 2011. Desenvolvida por un grupo de traballo especial do Consello Internacional de Arquivos, a DUA constitúe un importante paso para mellorar o coñecemento e a concienciación dos arquivos entre o público en xeral e os gobernantes. É un poderoso e sucinto compendio sobre a relevancia dos arquivos na sociedade moderna.

A DUA pode descargarse en galego e en español no sitio web do Consello Internacional de Arquivos.