01 Xuñ 2015
01 Xuñ 2015
ARQUIVO DO REINO DE GALICIA
ACTIVIDADES DIA INTERNACIONAL DOS ARQUIVOS 2015
8 e 9 de xuño de 2015
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Arquivos 2015, o Arquivo do Reino de Galicia ten previsto desenvolver as actividades seguintes
Luns 8 de xuño
11:00 h. Rolda de prensa de presentación da publicación sobre a Causa contra Manuel Blanco Romasanta, o home-lobo.
18:00 – 20.00 h. Obradoiro de papel: acrílicos
Impartido por Águeda Guardia, restauradora. Laboratorio de restauración del Arquivo do Reino de Galicia.
Obradoiro de encadernación: elaboración de polípticos en acordeón.
Impartido por M. del Carmen Villalba Caramés. Restauradora artística. Laboratorio de restauración do Arquivo do Reino de Galicia.
Martes 9 de xuño
12:00 – 14.00 h.Obradoiro de encadernación: elaboración de polípticos en acordeón.
Obradoiro de papel: acrílicos.
Obradoiro de documentos e arquivos: os arquivos familiares e persoais.
Impartido por Gabriel Quiroga Barro. Facultativo superior de Arquivos. Xefe de sección do Arquivo do Reino de Galicia.
Paralelamente realizaranse visitas guiadas ás instalacións do Arquivo e á mostra documental dunha selección de documentos conservados no centro, dirixida por Rosario Torreiro Martínez, Facultativo superior de arquivos do Arquivo do Reino de Galicia.
Horarios de visitas:
Luns 8 de xuño: 12.30 h
17.15 h.
Martes 9 de xuño: 11.15 h
17.00 h.
Destinatarios das actividades: público en xeral.
Requisitos: maiores de 18 años.
As prazas para os obradoiros cubriranse por orde de inscrición ata completar o aforo: máximo 15 persoas por grupo para os obradoiros de encadernación e de documentos; 12 persoas por grupo para os obradoiros de papel.
Selección: por orde de inscrición. Terán preferencia as persoas que non realizaran actividades similares con anterioridade.
Inscricións: Solicitudes dirixidas ao correo do Arquivo do Reino de Galicia
arq.reino.galicia@xunta.es ou ao número de fax 981 22 70 94
enviando o boletín de inscrición que figura na páxina web do Arquivo.
Prazo de inscrición: Desde as 16.00 horas do luns 1 de xuño ata as 14.00 h. do xoves 4 de xuño.
Para as visitas guiadas non é necesario anotarse. Os interesados/as deberán presentarse no Arquivo ás horas das visitas.
Os listados de asistentes publicaranse na páxina web do Arquivo o venres 5 de xuño de 2014.