13 Xuñ 2025
13 Set 2025

Para incrementar a difusión da exposición "Os espazos do Arquivo do Reino de Galicia" que preparamos con motivo do Día Internacional de Arquivos (9 de xuño), fixemos unha versión animada da mostra física que se exhibe no primeiro andar da nosa sede, e que repasa os edificios e locais onde se aloxou ou estaba previsto situar o arquivo ao longo dos seus 250 anos de existencia.

Procuramos así cumprir o obxectivo de mellora da accesibilidade promovido este ano polo Consello Internacional de Arquivos (ICA), baseado no lema #ArchivosAccesibles.