02 Mar 2018
02 Mar 2018
Entre as condicións que se establecían nesta disposición, estaban:
- manter ás súas expensas os dous estudos maiores de Artes e de Teoloxía que anteriormente tiñan os xesuítas,
- manter dous curas para soster “pasto espiritual” da vila de Caión e lugares de Noicela e San Salvador, o seu anexo,
- non adquirir no sucesivo ningunha renda máis,
- non incrementar o número de 22 relixiosos que tiña o convento nese momento,
- cumprir “quanto se prometió en favor y manifiesta utilidad de la ciudad de la Coruña y sus havitantes en la escritura executada para hacer su nueva traslación y fundación”.
O Colexio da Compañía de Xesús ao que se trasladou o Convento de Santo Agostiño de Caión estaba situado na praciña de Santo Agostiño da Coruña, ao carón da actual igrexa de San Xurxo.
Por que se trasladou á Coruña o Convento de Caión? A Real Provisión que autorizou o traslado relata as razóns que alegou a comunidade na súa petición: “... que ni podía subsistir en donde se hallaba establecido ni verificarse el útil y piadoso fin de colegio de estudios que dispuso su fundador [Fernando Bermúdez de Castro, señor de Montaos, Dubra e Penaflor ] porque la citada villa de Cayón se halla situada a la orilla del mar en un especie de caleta donde antiguamente concurrían de Vizcaya y otras partes a la pesca de ballena, y por haver muchos años que cesó enteramente se reducía ya a un corto número de casillas a modo de barracas que servían de abrigo a algunos pescadores, los quales, no pudiendo mantenerse allí ni asegurar sus barcos, que hera preciso subirlos a fuerza de brazos hasta las mismas casillas, residían lo más del tiempo y egercían la pesca en esa ciudad, dejando poco a poco despoblada la villa. Que el mar en aquella costa y sus inmediaciones era de las más brabas que se reconocían en todo el Océano... siendo inevitable a juicio de prudentes su total ruina [a do convento] dentro de pocos años, a no facilitarse una fuerte muralla, que sería tan costosa como hacer de nuevo dicho convento...”
Este documento pertence ao fondo do Convento de Nosa Señora do Socorro de Caión e ten a signatura 45.308/1
Esta noticia publícase de acordo co plan mensual establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con motivo da declaración do Ano Europeo do Patrimonio 2018 declarado polo Parlamento Europeo e o Consello da Unión Europea e ao abeiro do mandato do Parlamento de Galicia.