13 Out 2017
13 Out 2017
A carta forma parte do fondo documental do escultor Maximino Magariños (1869-1927), doado recentemente polos seus descendentes ao Arquivo a través da Xunta de Galicia. É un pequeno conxunto (cinco caixas) que está a ser organizado e descrito na actualidade para poñelo canto antes a disposición de todo o mundo. Ten grande interese, pois ademais de documentos de carácter persoal atopamos nel numerosos testemuños das actividades que desenvolveu ao longo da súa vida: de carácter docente, político-administrativo (foi concelleiro de Santiago) e, sobre todo, profesional. Entre eles, correspondencia, escritos e artigos sobre as artes suntuarias, “dossieres” sobre exposicións, proxectos de esculturas , fotografías, tanto persoais como das súas obras, estampas ou  exemplares de xornais españois e extranxeiros. Todos eles posúen gran valor para afondar no coñecemento da súa obra e das circunstancias vitais e sociais en que esta se desenvolveu. A carta ten a signatura 22.470/118