20 Out 2016
20 Out 2016
Nun preito entre descendentes do escribán do "Archivo General y Público de Galicia", o Arquivo do Reino de Galicia, dos anos 1800 e 1802, sobre débedas impagadas ao arquivo polo escribán Antonio Sánchez Vaamonde, atopamos as contas de gastos do centro durante os primeiros anos da súa existencia. Revelan múltiples detalles sobre o traballo de organización ("arreglo"), descrición e instalación do arquivo, as compras de material corrente, os investimentos, o persoal permanente e eventual, a fabricación de tinta e de mazos...