Entre os documentos recibidos da familia del Moral, que doou de forma xenerosa o seu fondo ao Arquivo, atopamos algúns de Amador Fernández Diéguez.
A familia del Moral, coruñesa pero con vínculos fóra de Galicia, mantivo relación na época da Restauración (1874-1931) co político da Restauración Segismundo Moret. Entroncou ademais, no século XVIII, cos famosos impresores Aguayo, de Santiago, e co ilustrado galego Francisco Somoza de Monsoriu. Así que o seu arquivo, que suma 54 unidades de instalación, promete ofrecer información histórica de grande interese.
Segundo a información que nos achega a familia e testemuñan os seus papeis, Fernández Diéguez, irmán do matemático e membro da Real Academia Galega David Fernández Diéguez, viviu entre 1869 e 1959. Funcionario do corpo da Facenda Pública, foi delegado de Facenda en Oviedo e ocupou cargos similares na Coruña e Vigo. É autor tamén tamén dun entremés ou obriña teatral: “Pagar en igual moneda: juguete comico en un acto y en verso”, impresa na Coruña pola Tipografía Gallega en 1892. Ademais, entre os seus papeis consérvanse outros dous manuscritos con ese mesmo matiz cómico.
Amador era un home moi ordenado, aforrador e metódico. Dese carácter deixan constancia as axendas que levou durante toda a súa vida. As dúas primeiras son dos anos 1919 e 1920, as 26 seguintes, de 1934 a 1949, sen solución de continuidade
Nesas axendas, normalmente de pequeno formato, apropiadas para levar no peto, anotaba de forma minuciosa, con pluma estilográfica, os gastos diarios que tiña (incluídas esmolas e propinas varias), o seu estado de saúde (síntomas diversos), as visitas que facía aos médicos, os diagnósticos que estes lles daban, os medicamentos que lle receitaba e a súa composición..., as visitas aos seus familiares ou os paseos que facía.
Entre as páxinas deses cadernos gardaba ademais tarxetas, cartas, entradas das sesións de concertos, do cine ou do teatro ás que asistía e tamén estampas relixiosas ou flores recollidas nos seus paseos.
En xullo de 1936, Amador estaba en Oviedo e, sen deixar de anotar os seus gastos, deixou constancia dos acontecementos que se sucederon a partir do 18 de xullo. A súa posición está clara desde o principio, pero describe aqueles terribles momentos coa distancia daquel que non está directamente implicado neles e a seguridade que lle dá a súa posición administrativa e social:
“Día 17 de julio 1936. El diario Ahora... 0,15 [ptas.]
“Día 18. Un A Nº 6, [puro habano?] 0,15 y una caja de fósforo, 0,10.... 0,25
“Día 19. Un A N0 6 extraordinario... 0,25
“Día 19. A las 11 de la mañana estuve en la consulta del Doctor. Miranda, Uría nº 70-2º… Se negó a cobrarme.
“Domingo 19 de julio 1936. Mi hermano Daniel regaló a mi nombre a mi cuñada Carmelina, el día 16 del corriente, que fue su santo, un postre y una bandeja de yemas que costó todo y Daniel se cobró de mi dinero 18.00.
“Día 19. Desde anteanoche se sabe que las fuerzas militares de Marruecos se han sublevado contra el gobierno de la nación que preside Casares Quiroga, que además es ministro de la Guerra... [Siga a ler]