Capeludo

12 Nov 2021
28 Feb 2022

Capeludo

Este plano procede dun preito da Audiencia Territorial da Coruña do ano 1931 sobre negación de servidume de luces e vista no ensanche da Coruña. Como se observa, representa a distribución en solares e patios da antiga herdade denominada "Capeludo", "comprendida entre el Camino Nuevo [Juan Flórez] y las calles del Ferrol y Primera Longitudinal del Ensanche".

Acompañámolo de dúas fotografías que amosa a evolución da rúa do Ferrol desde comezos de século XX (1912) ata a década dos anos de 1930.

O plano forma parte da unidade 47354-2. As fotografías teñen as signaturas 1174 e 235 da Colección fotográfica.