16 Feb 2022
16 Mai 2022

Estes planos corresponden a unha casa da rúa da Amargura, na Coruña, propiedade da familia del Moral, que ven de doar o seu arquivo a este centro. 

O edificio, en mans da familia desde fins do século XVIII, polo menos, sufriu reformas diversas nos séculos XIX e XX. Consérvanse os proxectos, cos planos, ou só estes últimos, dalgúns destes procesos, como os de 1882, 1905 ou 1929.