09 Nov 2018
09 Nov 2018
Documentos coma estes que amosamos, procedentes, respectivamente, dos fondos documentais da familia Pedrosa Pérez Dávila e Sanatorio Marítimo de Oza.
A primeira imaxe mostra un laboratorio fotografado a comezos do século XX. Explícase pola relación que esta familia tiña coa familia Casares, algúns membros da cal foron eminentes científicos.
A segunda ilustra unha das aplicacións da ciencia, a medicina, neste caso nun centro hospitalario antituberculoso.
A fotografía da familia Pedrosa ten a signatura 74 deste fondo. A do Sanatorio de Oza ten o número 2.163.
Con esta publicación iniciamos a conmemoración do mes dedicado ao patrimonio científico e técnico dentro da programación dedicada a conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio.
Culminaremos esta serie cunha exposición virtual que estamos a preparar e da que xa daremos máis noticias.