10 Xan 2025
10 Abr 2025

Vimos de actualizar a versión en pdf do cadro de clasificación do arquivo: https://arquivosdegalicia.xunta.gal/sites/default/files/documentos-paxinas/cadro_clas_2025.pdf

A versión web está accesible en Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia: https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arg/gl/clasificacionJerarquica/clasificacion.do?idArchivo=4 

Cada ano, os Reis Magos traénnos unha nova tarefa: actualizar o cadro de clasificación do arquivo coas novidades producidas nos fondos documentais durante o ano anterior por novos ingresos, por eliminacións realizadas de acordo cos ditames do Consello de Avaliación Documental de Galicia ou pola identificación de novos conxuntos.

O cadro de clasificación é un instrumento vivo para o control e a descrición dos fondos dun arquivo. Constitúe unha primeira aproximación á realidade documental. Ofrécenos así unha visión xeral de conxunto que contén datos básicos para a súa comprensión: denominación (que adoita revelar a súa orixe) de cada fondo documental, datas extremas que comprende e volume, en unidades de instalacilón (u.i) ou documentais (u.doc).

Ao actualizarmos e publicarmos cada ano o cadro de clasificación do arquivo, salvamos a distancia temporal, ás veces demasiado longa, entre o ingreso dos documentos no centro e a súa posta a disposición dos usuarios de maneira plena (é dicir coa súa identificación, descrición e, de ser o caso, dixitalización).