13 Mai 2021
13 Ago 2021

Coa colaboración de Katia Castro, unha alumna en prácticas do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña, preparamos estes vídeos:

Como acceder a Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia e Como consultar o catastro parcelario de rústica da provincia da Coruña son titoriais para acceder ao sistema de información que compartimos con outros arquivos do Sistema de Galicia. Pretenden mellorar a difusión dos nosos fondos e promover a súa consulta en liña. Complementan outros, preparados con anterioridade sobre o teletraballo e sobre os ríos de Galicia.

Como acceder a Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia

Como consultar o catastro parcelario da provincia da Coruña

Os ríos de Galicia

Teletraballo no Arquivo do Reino de Galicia