Concerto

11 Xul 2022
11 Out 2022

Concerto

Esta fotografía da coruñesa praza de Azcárraga ou da Fariña parécenos interesante por dous motivos: un, porque semella captar un concerto para escolares por parte dunha banda militar na década dos anos de 1920, aproximadamente; e dous, por amosar nun plano moi próximo, diferente ao que ofrecen outras fotografías que conservamos no arquivo, as construcións, hoxe desaparecidas, que se achaban adosadas ás ábsidas da igrexa de Santiago. 

Ten a signatura 2992 da Colección fotográfica. Acompañámola doutra fotografía, estereoscópica, do ano 1905, tomada desde un punto máis afastado. Esta ten a signatura 1509.