Conferencia

04 Mar 2024
04 Xuñ 2024

Conferencia

Este ano celebraremos o Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo) cunha homenaxe á arquitecta coruñesa (aínda que nacida en Madrid) Milagros Rey Hombre. Con este motivo, preparamos unha exposición virtual, que difundiremos ao longo desta semana, e organizamos unha conferencia na sala de conferencias do Arquivo, que terá lugar o día 7, xoves, ás 19 h.

Baixo o título de: "Milagros Rey Hombre, 1930/2014, unha pioneira", o relator, Cándido López González, doutor arquitecto e profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, investigador do grupo GAUS, abordará diversos aspectos da vida e da actividade profesional desta arquitecta, filla do tamén arquitecto Santiago Rey Pedreira.