08 Xuñ 2018
08 Xuñ 2018
Os arquivos rexistran estes procesos pero eles mesmos son materia de conservación e destrución. Son memoria e patrimonio, pero tamén refugallos da Administración que é preciso destruír para evitar a súa parálise. Con motivo do Día Internacional dos Arquivos, esta exposición recrea esa dialéctica da sociedade a través da observación dalgúns testemuños de actividades urbanísticas das nosas cidades. Da man dos documentos asistiremos a eses procesos de construción, destrución e memoria que forman parte intrínseca do noso ser máis profundo.