Costura

03 Nov 2021
03 Feb 2022

Costura

Imaxes de cursos de máquina de coser promovidos a mediados do século XX por unha coñecida marca comercial.

As fotografías e os documentos que as acompañan proceden do fondo documental de José González Fernández, axente comercial, e da súa muller, Mercedes Landeira, profesora nestes cursos, doado ao Arquivo polo seu neto, Emilio González, compañeiro noso.

Consérvanse pequenos expedientes de cada curso, nos que se deixaba testemuño dos actos de inauguración e clausura, do número e nome das alumnas asistentes (con máquina e sen máquina), das máquinas vendidas ao final do curso, dos impresos de propaganda difundidos, da actividade da competencia na zona...

O conxunto intégrase na unidade de instalación 91988.