31 Mai 2017
31 Mai 2017
Este ano o Consello Internacional de Arquivos elixiu como tema Arquivos, Cidadanía e Interculturalismo. Por iso, ademais das actividades que mencionamos máis abaixo, o Arquivo prepara unha exposición virtual que amosará documentos dos seus fondos que plasman o desenvolvemento do concepto de cidadanía desde o século XIX e a interacción de diferentes culturas entre si no espazo e no tempo. Proximamente ofreceremos máis información.
Actividades (ver folleto):
- Mércores 7 de xuño:
Obradoiro de papel
Conferencia de Miguel Abelleira, profesor da UDC: " A Arquitectura dunha Coruña inexistente".
- Xoves 8 de xuño:
Obradoiro de papel
Obradoiro de encadernación
Obradoiro de lectura de documentos
- Venres 9 de xuño:
Obradoiro de papel
Obradoiro de encadernación