Enerxía

22 Nov 2021
28 Feb 2022

Enerxía

Atopamos no arquivo as bases deses alardes luminotécnicos dos que fala a prensa nestes días.

 

Tras poñer en funcionamento o encoro e a central hidroeléctrica de Belesar en 1963, que asolagou a vila de Portomarín, FENOSA construíu dúas liñas de alta tensión a 220 KV para comunicar a presa coa Coruña e Vigo. En 1964, proxectou unha nova liña coa mesma capacidade para comunicar as subestacións da Grela (na Coruña) e Troncal (en Vigo), “con el fin de evitar problemas de estabilidad dinámica y regulación de la red, lo cual repercutiría en la seguridad de servicio y por lo tanto de suministro de energía al consumidor... cerrando así el anillo o triángulo a esa misma tensión entre los centros de Belesar, La Grela y Troncal...”

 

O proxecto forma parte do fondo da Xefatura Provincial de Obras Públicas da Coruña, que era o órgano do Estado encargado da súa aprobación naquela altura. Como é habitual nesta clase de expedientes, incluía unha memoria, un orzamento e diversos planos nos que se detalla o trazado e características da liña que atravesaría a provincia da Coruña. Supoñemos que se presentarían outros proxectos paralelos nas xefaturas provinciais de Lugo e Pontevedra.

 

Ten a signatura 64505-325.