Envíame unha postal

09 Xuñ 2022
09 Set 2022

Envíame unha postal

O Arquivo do Reino de Galicia exhibe a mostra: Envíame unha postal: negativos de García Garrabella no Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

A exposición, producida polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo, recolle os negativos en vidrio e acetato da empresa García Garrabella e Compañía, comprados pola Xunta de Galicia e depositados nese Arquivo. Con motivo do Día Internacional dos Arquivos, celebrado onte 9 de xuño, o Arquivo do Reino de Galicia abriu esta mostra para a cidadanía poda disfrutar deste importante fondo.

As imaxes representan monumentos e diversas poboacións  das provincia da Coruña e Lugo na década de 1950-1960, coincidindo coa estancia do fotógrafo en Galicia. No caso da provincia da Coruña as fotografías céntranse nas tres grandes cidades: A Coruña, Santiago e Ferrol. Da provincia de Lugo pódense ver imaxes de Lugo e a zona da Mariña.

García Garrabella, fotógrafo aragonés, foi coñecido polas súas reproducións de paisaxes e monumentos. As súas postais mostran un gusto especial polos efectos de luz e polos contrastes, con clara preferencia polo branco e negro.

A mostra permanecerá aberta ata o 15 de xullo na Sala de exposicións do Arquivo do Reino de Galicia (entrada polo pasadizo da rúa San Carlos) co seguinte horario:

Venres 10 de xuño: de 16.30 a 19.30 h.

13 de xuño a 15 de xullo : de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 19.30 h.