No mes de xullo inaugurarase unha exposición sobre a Guerra da Independencia en Galicia. Levará por título Guerra, revolución e reacción. Os comezos dun século de cambios (1808-1823) e tomará como base os documentos conservados nos fondos da Real Audiencia de Galicia e das Xuntas e Deputacións creadas nese período, complementados con outras pezas e documentos procedentes doutros arquivos e museos.