Expropiación

14 Set 2022
14 Dec 2022

Expropiación

Estas fotografías pertencen ao fondo documental da casa de banca e de comercio  "Hijos de Simeón García y Compañía" de Vilagarcía de Arousa, depositado no seu día no Arquivo en réxime de comodato. Amosan dúas rúas de Vilagarcía na década de 1960 onde parece que se situaban propiedades da empresa expropiadas para a construción da "avenida" (rúa) Conde de Vallellano.

Os documentos que as acompañan e a propia información que consta no verso das fotografías subliñan máis unha vez, por se se nos esquece, a importancia que ten o contexto nos arquivos. Eses datos dinnos por que se tomaron esas fotografías, que locais foron os afectados polas expropiacións, que superficie tiñan, onde estaban situados... E ofrecen novas tamén acerca de dúas persoas que tiveron algo que ver con aquel proceso, que, pola súa transcendencia, demandou a conservación dunhas simples fotografías, unha nota escrita nun caderno e unha carta mecanografada. E dinnos tamén todo o que non chegaremos a saber e temos que imaxinar...

O conxunto ten a signatura 29274-10: http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es.ga.15030.arg/gl/consulta/regis…