Familia

23 Mai 2022
23 Ago 2022

Familia

No fondo documental da familia del Moral, en  trámite de doazón ao Arquivo, atopamos esta imaxe dos espectadores dalgún espectáculo ao aire libre no coruñés Campo da Estrada. Ao dorso da fotografía, datable na segunda década do século XX, aproximadamente, alguén identificou anos máis tarde a catro membros da familia: "Tío Pepe del Moral, tía Pepita Pinillos, tía Pilar Agundín y tía María del Moral".