Fonte

28 Mar 2022
28 Xuñ 2022

Fonte

Vimos de atopar un novo plano no fondo da Real Audiencia de Galicia. Debuxouno frai Manuel de los Mártires, mestre de obras do convento de San Domingos de Santiago, designado "perito terceiro" nun preito sobre posesión de augas na parroquia de San Pedro de Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra) que disputaron no ano 1752 o duque de Patiño con don Francisco Villarino Figueroa, cóengo doutoral da Catedral de Tui.

Representa a fonte do Revel e os terreos que regaban as súas augas. Observamos tamén a casa do duque, enriba da composición, un hórreo da súa propiedade e, na parte dereita unha capela e a casa do cóengo.

A signatura do plano (provisional) é RA-206. O preito ten o número 2609-79 do fondo da Real Audiencia de Galicia.