19 Xuñ 2020
31 Out 2020
#acultura segue #IAW2020 Esta exposición sobre os ríos de Galicia pretende subliñar a importancia dos ríos na conformación da paisaxe de Galicia, no seu poboamento, nas actividades económicas tradicionais e actuais e ata no lecer das xentes que viven ao seu carón. Céntrase menos nos documentos textuais para poder amosar as imaxes doutros máis gráficos que forman parte das coleccións do Arquivo do Reino de Galicia.