26 Xuñ 2015
26 Xuñ 2015
Aínda que a súa organización e descrición non rematou aínda, o volume xa descrito permite facerse unha idea da riqueza documental destes fondos.   Non só ingresaron fondos xudiciais das antigas xurisdicións e coutos da provincia de Betanzos que pasaron a formar parte do partido xudicial de Ferrol, senón tamén doutras xurisdicións alleas á ordinaria, como o Xulgado de Guerra e Mariña, a Subdelegación de rendas de Ferrol, ou a Superintendencia da real casa da moeda de Xuvia. Así mesmo, chegaron protocolos e outros documentos notariais pertencentes a uns cen escribáns, que aínda están en proceso, e parte da Contadoría de hipotecas de Ortigueira que pasou ao partido notarial hipotecario de Ferrol. A medida que se avance traballo, poderase acceder a todas estas descricións O estado de conservación é bastante bo en xeral, indicándose na descrición de cada unidade documental. Poden presentarse en mal estado algúns preitos procedentes dos xulgados da antiga Xurisdición da Merindade e Marquesado de San Sadurniño ou parte das causas da Subdelegación de rendas de Ferrol. Pode verse o cadro de clasificación dos fondos identificados no documento que se xunta. Organizacióne descrición realizada por María de Rosario Torreiro Martínez, técnica superior de arquivos.