Letras

16 Mai 2022
16 Ago 2022

Letras

Na procura dalgún texto literario en galego co que celebrar o Día das Letras Galegas, atopamos (xa que non gardamos nada referente a Florencio Delgado Gurriarán), entre outros, estes manuscritos de Ricardo Palmás, xornalista, escritor e sociólogo galego-arxentino, falecido prematuramente en Londres o 10 de novembro de 1996. Un corresponde á súa tradución ao galego de vinte poemas galeses, que publicou no seu día Ediciós do Castro. O outro, datado en 1982, semella sen rematar e, xa que logo, inédito. Titúlase "Cociña familiar galega: pote galego e pucheiros celtas" e seguramente constituiría, se fose ao prelo, unha interesante achega de Palmás á bibliografía gastronómica de Galicia en galego.