23 Abr 2025
23 Xul 2025
Hoxe, Día do Libro, presentamos un manuscrito de Emilia Pardo Bazán que custodia o arquivo. Trátase de "La leyenda de la Pastoriza", na que a escritora de Marineda relata a lenda popular sobre a imaxe da Virxe do santuario de Nosa Señora de Pastoriza, en Arteixo, nas proximidades da Coruña. O libro áchase dixitalizado en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia: http://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta/registro.do...
O manuscrito consérvase no fondo da familia Carré e ten a signatura 26958-9-7.
Sobre o santuario e a súa romaría, contamos na Colección fotográfica con algunhas imaxes da segunda metade da década de 1920 ou primeiros anos da década de 1930. As que amosamos teñen as signaturas: 3620, 3617, 554 e 550