19 Xan 2016
19 Xan 2016
Hoxe en día constitúe unha interesante fonte para o coñecemento da cultura dunha comunidade eclesiástica.
Como é natural, no conxunto predominan as obras de carácter relixioso ou filosófico, como a que amosamos, un tratado didáctico sobre a filosofía do famoso autor franciscano medieval Xoán Duns Escoto.
A biblioteca de San Catalina está a ser catalogada, de forma que unha gran parte dos seus rexistros áchanse xa accesibles a través da base de datos bibliográfica do Arquivo
En moitos casos, podemos ver ademais en liña as imaxes da portada e de certas páxinas destacables do seu interior. Un primeiro paso para a súa futura conversión nunha verdadeira biblioteca dixital.