29 Ago 2025
30 Nov 2025
“Aquellas son del Vierço las montañas/
Y aquestas puntas altas y vermejas/
Sus Médulas serán, cuyas entrañas/
Solían vomitar oro entre las rexas”/
As tristes novas dos incendios que están arrasar Galicia, Castela e León e outras partes de España durante este mes de agosto, desacóugannos. Entre todas, adquiriu un tráxico simbolismo a que nos que falaba da destrución polo lume das antigas minas romanas das Médulas, no Bierzo.
Sobre esta paisaxe arqueolóxica, declarada patrimonio da humanidade, conservamos no arquivo o expediente informativo elaborado no seu día pola Comisaría do Patrimonio Artístico e Monumental da Zona Noroeste, organismo creado en 1938 e dirixido durante moitos anos por Manuel Chamoso Lamas.
Este expediente lémbranos a importancia que ten o estudo e descrición do patrimonio cultural para asegurar a protección (e a memoria) dos bens que o integran.
Os versos cos que iniciamos este texto, citados no Catálogo Monumental de España. Provincia de León, de Manuel Gómez Moreno, pertencen á obra “El Bernardo: poema heroico” do doutor Bernardo de Balbuena ( https://www.cervantesvirtual.com/.../el-bernardo-poema.../ ), autor que viviu a cabalo entre os séculos XVI e XVII, e recóllense, xunto con outra valiosísima información compilada por Gómez Moreno, no expediente da Comisaría do Patrimonio que citamos.
O expediente ten a signatura 45786-5 (https://arquivo.galiciana.gal/.../gl/consulta/registro.do... ). Conservamos tamén o Catálogo de Gomez Moreno na nosa biblioteca auxiliar (signatura 773).