23 Mar 2022
23 Xuñ 2022

Entre os máis de 14.000 documentos (204.000 imaxes) dixitalizados na última xeira do proxecto "Memoria Democrática" figuran 99 expedientes de mestras e mestres do fondo da Delegación Provincial do antigo Ministerio de Educación. Son só unha pequena parte de toda a serie documental de expedientes persoais desta Delegación, que aspiramos a dixitalizar de forma íntegra (tendo en conta que só chegaron a ingresar no arquivo no seu día os comprendidos ata a letra "M").