02 Dec 2016
02 Dec 2016
Existen no arquivo máis documentos sobre Labrada? Unha consulta na base de datos Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia permítenos ver que si. Por exemplo, o privilexio polo que o rei Fernando II de León acouta ou delimita para o mosteiro as vilas de Buriz e Labrada no ano 1177. Aquí comezaría todo. E precisamente sobre os marcos de Labrada litigaría o mosteiro trescentos anos despois, como amosa o outro documento en pergamiño que ofrecemos.
No século XIX, os decretos de exclaustración e desamortización significarán a desaparición do mosteiro como institución e o seu abandono, plasmado nesa fotografía da década dos anos de 1920-1930.