10 Xuñ 2020
10 Xuñ 2020

  #aculturasegue #IAW2020 Devala xa o Día Internacional dos Arquivos coma o caudal dos ríos no verán. Pero non, que aínda estamos na primavera: "Ameteron os ríos, ameteron as fontes e os fontegallos das fontes..." cantaba o Novoneyra. Quédannos aínda moitos días dos Arquivos. Vai aquí a primeira contribución prometida para a festa dos arquivos. Unha visión do Miño e do Sil a través de documentos gráficos do Arquivo.