11 Xuñ 2025
11 Set 2025

"As ostras de Cambados" é unha nova achega da nosa serie de pódcast "Segredos do Arquivo". Podédela ver e escoitar na nosa canle de Youtube:

Galego: https://youtu.be/7-agoco2jLI
Castelán: https://youtu.be/uYmy2XFj2JY

Entre as funcións dun arquivo histórico como é o Arquivo do Reino de Galicia, atópanse as de planificar, organizar e xestionar as actividades relacionadas co fomento da acción cultural do arquivo e todas aquelas relacionadas coa divulgación e difusión dos seus fondos.

Desde o seu nacemento, os arquivos foron pensados como institucións ligadas ao ámbito académico. Porén, co avance das novas tecnoloxías e da coñecida como sociedade da información, cada vez faise máis importante a democracia da cultura. Este termo comprende tanto o acceso universal aos arquivos e á nosa documentación por parte de toda a sociedade, como o uso activo deles. Este é un dos obxectivos do ICA, baseado no lema #ArchivosAccesibles.

Nós sumámonos a esta iniciativa co novo episodio de #SegredosdoArquivo e facémolo dunha forma especial. Nesta nova entrega, imos máis aló: fixémolo nun novo formato, pero coa mesma esencia: a accesibilidade e a inclusión de todo o noso público.

O documento que hoxe descubrimos transpórtanos aos conflitos marisqueiros xurdidos nas costas da vila de Cambados no século XVII, ao coidado do mar ante a depredación e sobreexplotación dos seus recursos, ao delicado cultivo e recollida das ostras e ao seu destino final.

Música: Pixabay
Obra: calm-flute-amp-strings-for-documentaries