Patriarca

Arquivo do Reino de Galicia. Familia Carré. "Murguía, o Patriarca. Estudio bio-bibliográfico do grande home". A Coruña, 1953. Sign.: 26963-4-22.
09 Ago 2023
09 Nov 2023

Patriarca

"Murguía, o Patriarca: estudo bio-bibliográfico do grande home" é o título do mecanoscrito da obra orixinal de Lois Carré Alvarellos que ven de ser entregada pola familia Carré ao Arquivo do Reino de Galicia, engadíndose así ao fondo doado á Xunta de Galicia polos descendentes de Uxío Carré e Purificación Alvarellos.

Escrita en 1953 e dedicada ao Centro Galego de Buenos Aires, a obra ten dúas partes pero quedou inacabada. Recentemente, publicouna a Editorial Alvarellos con edición de Esther García de Lucas e Olivia Rodríguez González.